| ORGANISMO
|
IGAPE-
Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG107
- RE-EMPRENDE 2012 - PROXECTOS DE CREACIÓN DE EMPRESAS OU INVESTIMENTOS
EN EMPRESAS NOVAS PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Fomentar
a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou
de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas
promovidas por novos emprendedores.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Pequenas
e medianas empresas segundo a definición da Comisión Europea, nas que
non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º
da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e cumpran as seguintes
condicións:
1.- Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:
a. O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola
suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo
outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da
solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores
privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de
business-angels. Cando da documentación e datos que consten no
expediente, se observase que se produce continuidade empresarial, por
baixa recente (antigüidade menor a un ano) nunha actividade que é igual
ou similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten
concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar
motivadamente a axuda.
b. A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou
xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na
data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49%. Polo menos
unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e
sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude,
deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar
outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova
empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da
solicitude de axuda desde o día da dita solicitude) e ata o fin do
período de execución do proxecto.
2.- Antigüidade na actividade empresarial:
i) No caso de autónomos a data de alta censual non poderá ter unha
antigüidade superior a 1 ano no momento da solicitude de axuda e deberá
ter unha dedicación plena ao proxecto, e non desempeñar outra actividade
por conta propia ou allea durante o período de execución do proxecto.
ii) No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a
súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 1
ano no momento da solicitude de axuda
3.- Contribución financeira exenta de axudas públicas:
Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento
unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de
polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou
mediante financiamento externo.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
1. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (CE) 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto):
a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios, e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura
- CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40)
- CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases) e Clase 46.38
b) O sector da industria siderúrxica:
- CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.
c) O sector de fibras sintéticas.
d) O sector do carbón e do aceiro:
- CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases).
e) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da comisión DO C 160, do 28 de outubro de 2006:
- CNAE 09: Clase 30.11.
2. Nos subsectores de hostalaría, restauración e hospedaxe,
unicamente serán subvencionables as actividades de restaurantes, e de
hoteis de 2 estrelas ou superiores.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Serán
subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas
empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas
empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do
seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas
bases reguladoras, entre eles:
a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000€ e non
superior a 500.000€, que se realizará no prazo de execución do proxecto
que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable
resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a
esta cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela
persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por
conta propia á data de presentación da solicitude de axuda.
Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no
momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior
a un ano ou detente unha participación igual ou superior ao 25% noutra
sociedade mercantil.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
1.-
Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido consideraranse
integrados na base subvencionable os conceptos seguintes:
a) Investimentos realizados en:
i. Obra civil para construción, reforma ou habilitación de
instalacións, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que
se achegan como anexo VI.
ii. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, utensilios,
equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a
actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos
especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e
outros bens de equipamento ligados ao proxecto. Nos sectores do
transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de
transporte exterior.
iii. Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.
iv. Investimentos en inmobilizado inmaterial: aplicacións
informáticas, gastos de investigación e desenvolvemento; propiedade
industrial e intelectual, podendo incluír licenzas de fabricación,
patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.
b) Gastos de aprovisionamentos de materias primas, produtos
terminados ou servizos de profesionais independentes necesarios para
vender un produto ou servizo. Podendo representar ata o 10% do proxecto
subvencionado total.
c) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo dun ano.
d) Os gastos do informe de auditoría.
2.- Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do
prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O
dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e
finalizará na data establecida na resolución de concesión en atención ás
características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as
condicións da subvención.
Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención,
poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser
así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.
3.- Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo
beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante
fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de
propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do
proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das
cantidades aprazadas.
4.- O investimento en inmobles terá que ser mantido no centro de
traballo en Galicia durante polo menos 5 anos dende a finalización do
prazo de execución do proxecto e resto do investimento e o emprego tido
en conta na concesión polo menos 3 anos desde a finalización do dito
prazo. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.
5.- No caso dos activos intanxibles, para ser considerados
subvencionables, deberán cumprir ademais todas as condicións
establecidas no artigo 6.5 das bases reguladoras
6.- Non se subvencionarán os gastos e/ou investimentos cuxo importe
sea superior ao indicado no anexo VI destas bases reguladoras.
7.- Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser
especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O
Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na
resolución individual correspondente os investimentos subvencionados ata
o remate do prazo de execución do proxecto.
8.- Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías
establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato
menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de
diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso
para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas
súas especiais características non exista no mercado suficiente número
de entidades que as realicen, presten ou subministren. A elección entre
as ofertas presentadas, que deberán xuntarse ao cuestionario de
solicitude, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e
economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección
cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.
9.- Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas
bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou
compensación e os impostos persoais sobre a renda.
10.- Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados
directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os
provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos
seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o
beneficiario a execución total ou parcial das actividades.
11.- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
A intensidade de axuda concedida establécese entre un mínimo dun 15% dos gastos subvencionables e un máximo do 50%.
Segundo o tipo de gasto subvencionable, a intensidade da axuda concedida non poderá superar:
Para os gastos de investimento:
a) Como regra xeral:
- Ata o 40% para medianas empresas.
- Ata o 50% para pequenas empresas.
- Ata o 30% para empresas do sector do transporte.
b) Axudas ao investimento no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, ata o 50%.
Para os gastos de aluguer a pequenas empresas de recente creación do
artigo 14 do Regulamento(CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de
2008, xeral de exención por categorías; ata o 35 % dos custos
subvencionables.
Para os gastos de auditoría do artigo 26 do regulamento(CE) 800/2008
da Comisión, do 6 de agosto de 2008, xeral de exención por categorías;
ata o 50 % dos custos subvencionables.
No caso das axudas outorgadas en réxime de minimis aos gastos de
aprovisionamento e os gastos de aluguer de bens inmobles concedidos a
beneficiarios que superen os límites de pequena empresa, comprobarase
que as axudas totais concedidas en réxime de minimis a estes
beneficiarios non superarán os 200.000 € no exercicio corrente e nos
dous exercicios anteriores. O límite máximo de axuda total de minimis
redúcese a 100.000 € para as empresas que operen no sector de transporte
por estrada.
Respectando os límites establecidos para cada tipo de gasto, a
intensidade de axuda concedida establécese entre un mínimo dun 15% dos
gastos subvencionables e un máximo do 50%. A dita intensidade da axuda
resultará da aplicación da seguinte fórmula: 15+35×(puntos obtidos/100)
da puntuación obtida coa aplicación dos criterios establecidos nas bases
reguladoras.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O
prazo de presentación de solicitudes da primeira convocatoria comezará o
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia e rematará o 15 de novembro de 2012.
Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación
informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo
de presentación de solicitudes.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Estas
axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención para o
mesmo proxecto cofinanciada con fondos ou instrumentos da UE, agás coas
axudas ou programas de carácter financeiro: como subsidiación ao tipo de
xuro, microcréditos, garantías ou préstamos directos.
Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de
subvencións, sempre que respecten as intensidades de axuda máxima
indicadas nestas bases.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 11 de xuño de 2012 (DOG Nº115 do 18/06/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012.
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47.
Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es
Tramitación:
Para presentar unha solicitude de axuda, os interesados deberán
cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do
solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da
aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación
informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo
de presentación de solicitudes.
As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia
normalizada que se xunta como anexo I, nas cales será obrigatorio a
inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso
anterior.
Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación, en orixinal ou copia cotexada:
* Para todas as solicitudes:
a) Certificado de vida laboral á data de solicitude de axuda dos
promotores (persoas físicas) que cumpran a condición de novo emprendedor
segundo o artigo 1º das bases reguladoras.
b) Declaración asinada por todos os promotores que, cumprindo as
condicións de Novo emprendedor, vaian dedicarse en exclusiva ao proxecto
empresarial para o que se solicita axuda.
c) Plan de empresa, o cal se debe xuntar como documento ao cuestionario de solicitude.
* Para sociedades xa constituídas:
a) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente.
b) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
* Para sociedades en constitución:
a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da
Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza,
ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación
social da entidade que se vai constituír.
b) Proxecto de estatutos da sociedade, o cal se debe xuntar como documento ao cuestionario de solicitude.
Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade
con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. A tal fin, a
documentación establecida no artigo 8.5.2 anterior terá que ser
presentada no Igape no prazo máximo de tres meses dende a presentación
da instancia de solicitude (en caso de coincidir en sábado ou día
inhábil en Santiago de Compostela, o prazo finalizará o día hábil
seguinte) e, en todo caso, antes do 31 de decembro do exercicio da
convocatoria das bases.
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Os
beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento da subvención
no prazo dun mes desde o remate do prazo de execución establecido na
resolución de concesión sen que nunca poida exceder do 30 de outubro do
exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de
concesión.
A intensidade da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula:
15+35×(puntos obtidos/100) da puntuación obtida coa aplicación dos
seguintes criterios:
I) En xeral:
a) A localización do proxecto, segundo o anexo III destas bases. (0-20 puntos).
b) Compromiso de creación de emprego indefinido por conta allea.
Outorgaranse 3 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear.
Asignaránselles 2 puntos adicionais se o compromiso relativo a algún dos
empregos a crear nese período pertence a colectivos con dificultades de
acceso ao emprego: persoas desempregadas que esgotasen as prestacións
por desemprego, persoas desempregadas de máis de 45 anos, mozas e mozos
menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con
discapacidade, persoas desempregadas que pertencen a colectivos en risco
de exclusión social ou mulleres. Para acreditar o cumprimento desta
condición achegarase copia dos contratos de traballo formalizados
rexistrados no SEPE e certificados de vida laboral da empresa ao día de
solicitude de axuda e á data límite de execución do proxecto aprobado.
(0 - 20 puntos).
c) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto (0-20 puntos).
d) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se
vai encadrar o proxecto (en función da ratio asinable a cada sector de
actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo V destas
Bases. (0-20 puntos).
e) A cualificación do proxecto como Iniciativa de Emprego de Base
Tecnolóxica (Iebt) polo órgano competente da Xunta de Galicia. (10
puntos)
f) A cualificación do plan de empresa presentado xunto a solicitude
como Emprendedor polo Igape, a través dos servizos de BIC Galicia ou a
través de calquera outro Axente colaborador co que o Igape estableza un
convenio de colaboración a tal fin. A dita cualificación deberá ter
carácter previo á solicitude de axuda (10 puntos)
Os criterios para cualificar un proxecto como emprendedor serán os seguintes:
i) Viabilidade técnica, económico-financeira e comercial.
ii) Aptitude técnica e xerencia dos promotores do proxecto e o seu grao de involucración nel.
iii) Potencialidade de xeración de novos empregos en relación cos recursos requiridos para a súa implantación.
II) Para os proxectos que se implanten nos Municipios das comarcas
de Ferrol, Eume e Ortegal, Municipios da Costa da Morte, Municipios da
provincia de Lugo e Municipios da provincia de Ourense adoptaranse as
seguintes medidas de prioridade específica:
1.- Nos criterios de determinación do importe da subvención, o criterio de localización puntuarase co valor máximo.
2.- Para os proxectos localizados nos mencionados municipios garántese unha axuda mínima do 25% dos custos subvencionables.
|