> CASTELLANO | GALEGO | ENGLISH
ASOCIACIÓN NERIA COSTA DA MORTE
O topónimo Costa da Morte é herdeiro da crenza antiga de que Fisterra era a fin da terra e o punto a partir do cal xa non existía navegación cara ó Oeste.

Era ademais, segundo a tradición dos antigos gregos e dos celtas, a rexión onde o sol desaparece a cotío, conducindo a barca de Caronte, cargada coas almas que Hermes (S. Roque) recollía en pequenos templos (ermidas) ao país dos mortos que o Deus-Sol é capaz de atravesar para aparecer nun novo día.

A Costa da Morte exténdese polo noroeste peninsular, comprendendo os concellos costeiros de Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión, Carnota; os concellos de Dumbría e Vimianzo, con saída ao mar; e os concellos interiores de Mazaricos e Zas. É unha terra de lendas sobre cidades sepultadas, de curandeiros que obran miragres, de supersticións e grandes devocións.

É un país tinxido de igrexas románicas, pazos, castelos e monumentos megalíticos rodeados dunha natureza xenerosa. É o confín de Europa, onde o mar golpea unha paisaxe de acantilados abruptos, islotes e peñascos inmensos que serven de protección natural a unha terra codiciada pola súa riqueza e saqueada, ao longo dos séculos, por vikingos, piratas, escadras inglesas e francesas... escenario de naufraxios e afundimentos, nunha terra que, sobre todo, é símbolo de vida.

É, sobre todo, unha terra poboada dende a antigüidade por xente esforzada e xenerosa que soupo extraer o mellor que unha natureza esixente lle daba e desenrolou unha cultura, a carón dela, que lles fai vivir con intensidade un tempo que se desgrana lentamente.



Se queres descubrir un lugar onde o tempo se detén e o sol bica o mar cada serán, onde cada día é diferente e en cada recuncho che agarda una sorpresa.

Onde os pobos son una festa gastronómica todo o ano, onde aínda se pode disfrutar do mellor da terra e do mar da forma máis natural.

Un lugar cheo de misterio, de maxia e beleza; de xentes amables e recunchos xenerosos. Non é cousa de "meigas", ese lugar existe.

Ven, disfruta e goza Costa da Morte.