> CASTELLANO | GALEGO | ENGLISH

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
.RUTA DO ROMÁNICO
Ruta de arquitectura religiosa

Nesta ruta poderemos contemplar a arquitectura e a arte románica a través das construccións relixiosas do século XII na súa meirande parte.

Costa imaxinarse como sería a vida por aquel entón. O que si é indiscutible é o afán por cristianizar tódalas terras coñecidas. Nesta aventura chegou o románico a Galicia e á Costa da Morte.

Durante a nosa visita ás igrexas e capelas poderemos observar detalles curiosos dentro da sinxeleza e armonía das súas formas e descubrir que por estas terras tamén cabalgaron os famosos Templarios.