ENFILACIÓN
A entrada ao porto, no esteiro do río Anllóns, en Cabana de Bergantiños, é facilitada pola referencia do alto de A Vixía, e a embocadura entre o Roncudo e o Cabo de Laxe. Ás beiras do esteiro hai praias extensas, entre elas a de Laxe.
Entrando dende o NE hai que evitar os baixos do Roncudo. Dende o SW a precaución é nos Baixos da Avería.
O porto está protexido por un gran espigón de 390 m., sinalizado con luz verde, no que existe no seu interior outro espigón de 90 mts., con luz vermella, e varios fondeadeiros. Está proxectada a execución dun novo dique de abrigo. O porto deportivo está aberto do 1 de Juño ao 30 de Setembro. Éstas son as súas características:
de Septiembre. Estas son sus características:
Proximidades_
1728 Islas Sisargas
43º 21’.6 N 8º 50.7 W. / Fl(3) 15 S 108 m 23 M Sirena (S) 30 seg.
Grupo de 3 destellos. Período: 0,6+2,4+0,6+2,4+0,6+8,4 = 15 seg.
Punta Nariga: 43º 19’.3 N 8º 54’.6 W.
Grupo de (3+1) destellos.
Período: 0,12+2,38+0,12+2,38+0,12+7,38+0,12 + 7,38 = 20 seg.
1736 Cabo Vilán 43º 09’.6 N 9º 12’.7 W - Fl (2) 15s 102m 28M 031.5º-vis-228.5º.
Grupo de 2 destellos. Período: 0,5+3,5+0,5+10,5 = 15 seg.Sirena (V) 60 seg.
1730 Punta del Roncudo 43º 16’.5 N 8º 59’.5 W - Fl.6s 36m 10M.
ACTIVIDADES NÁUTICAS
Prográmanse cursos de vela, Optimist, Cadet e Vaurien, Windsurf, Kaiaks, competicións entre os Clubes da zona, concursos de pesca infantil, etc. Convócanse unha vez ao ano cursos para obter o P.N.B. e o P.E.R. O clube náutico pon a disposición dos seus socios táboas de surf, kaiaks e piraguas. As praias próximas de Soesto e Traba ofrecen as condicións precisas para a práctica destas disciplinas deportivas.
SERVIZOS
Durante o verán, o clube utiliza un peirao de 4 módulos e 12 metros. Os socios ocupan trinta amarres. O tránsito dispón do 10%, e pode ser atendido en francés, inglés, alemán, noruegués e italiano.
No porto deportivo hai ademais servizos de boias de amarre, auga potable, conexión eléctrica, duchas, WC, lavadora, botica de primeiros auxilios, varadoiro para reparacións ou mantemento, rampla, surtidor de combustible, canal radio marítimo, estiba en terra, recuperación de aceites usados, teléfono, grúa, parking, salvamento, servicio mecánico e efectos náuticos.
No Hostal Bahía pódense alquilar coches e bicicletas. A poucos metros hai ademais oferta de aloxamiento, restaurantes, bares, servizo de correos, supermercado e os servizos institucionais do Concello e dos Bombeiros.
EN TERRA
A oferta de ocio en terra é variada e dela ten información unha Oficina de Turismo:
. Pesca fluvial, sobre todo de troitas.
. Piscina municipal.
. Rutas de sendeirismo de gran beleza.
. Áreas para picnic e deportes acuáticos nas praias de Laxe, Soesto e Traba: vela, surf, windsurf, ski, pesca deportiva...
VISITAS A_
. Dolmen Fornela dos Mouros (III milenio a. C.).
. Castros de: A Torre da Moa, en Traba, A Torre, en Sarces e Castro de Lourido, en Serantes, todos pertencentes á época castrexa.
. Igrexas románicas: Santa María de Serantes (S; XII), que conserva un altar romano consagrado ao deus celta Cosus e a Santiago, en Traba (S. XIII). No seu interior descansan os restos dos Moscoso de Altamira, sucesores dos Trastámara de Traba, señores das Terras Ártabras que tiñan en Laxe a súa saída ao mar máis rápida. No cemiterio repousan os corpos das vítimas do naufraxio en 1830 do vapor inglés Adelaide.
. Igrexa de Santa María da Atalaya, en Laxe (S. XV).
. Casa do Arco (S. XV), en Laxe. Foi residencia medieval dos señores de Moscoso.
. Pazo de Leis, en Soesto, levantado sobre a base da residencia palaciana onde séculos antes aloxáranse o rei Alfonso IX e a súa segunda esposa, Berenguela.