Casa do Arco
Casa do Arco (séc. XV), en Laxe. Foi residencia dos Moscoso. De estilo gótico e arco ollival, a súa pranta é trapezoidal, con tres alturas e cuberta a catro augas. Baixo o arco, dous escudos: un, o de Galicia, representa un cáliz e unha hostia. O outro debuxa as armas dos Moscoso e dos Castro, que tamén figuran en escudos do Castelo de Vimianzo.